Concerto de Nadal do Orfeón Lucense na Catedral

Concerto de Nadal do Orfeón Lucense na Catedral

O próximo venres, 30 de decembro, o ORFEÓN LUCENSE ofrecerá o seu tradicional Concerto de Nadal ás 20,30 h.., no altar do Bo Xesus da Catedral lucense.

O Orfeón, coro titular da Catedral de Lugo, ofrece cada Nadal un concerto de panxoliñas no primeiro templo lucense, invitando a todos os amadores da música deste tempo especial, como contribución desta agrupación ás celebracións festeiras e para desexar felices festas e unha propicia entrada de ano en familia e con música a todos os lucenses.

Dirixe o conxunto o seu titular, Marcos M. Fernández Mosquera.