O Orfeón Lucense cantará a misa en latín do día 12 de outubro na Catedral de Lugo

O Orfeón Lucense cantará a misa en latín do día 12 de outubro na Catedral de Lugo

Como xa é tradicional, o ORFEÓN LUCENSE, coro da Catedral de Lugo, cantará a misa en latín que se celebrará o próximo sábado, doce de outubro, ás 11,30, na Catedral lucense.

Celébrase ese día, arredor do primeiro templo da diócese, o Mercado medieval, que organiza a Asociación de Antigos Alumnos de Artes Aplicadas Ramón Falcón e o Concello de Lugo, xa na súa vixésima edición.

Dentro dos actos do programa do Mercado medieval celébrase unha misa en latín no altar do Bo Xesús, que canta o Orfeón Lucense, dirixido polo seu titular Marcos Manuel Fernandez Mosquera.