Homenajes

22/11/2012 Homenaje a Mato, 80 años - Iglesia A Nova

Amigos de Mato, amigos da música, amigos do Orfeón: Os membros do Orfeón Lucense quixemos celebrar os primeiros oitenta anos de Xesús Mato, Director de noso, amigo que nos honra coa súa amizade, músico desde o berce, creador de músicos e de música.

E foi precisamente na Festa de Santa Cecilia, a padroeira da música, cando quixemos xuntarnos arredor del para simplemente dicirlle "Estamos aquí, contigo". E pareceunos que o mellor xeito de facelo era darredor dunha Eucaristía que todos compartimos, arroupados polo canto do Orfeón, dirixido polo noso tamén director, Marcos Fernández Mosquera.

En principio ían concelebrar o propio Mato, homenaxeado e sempre homenaxeante noso, xunto con Luis Castiñeira, párroco desta igrexa, e sobriño do creador deste noso Orfeón, o P. José Castiñeira Pardo. Pero logo uníronse o franciscano P. Enrique Mourille, sobriño do músico P. Feijóo, do que ven de publicar a 1ª parte da súa obra polifónica, e o crego Xosé Manuel Carballo, mestre da Igrexa e do mundo, facendo combinar tan xenialmente o humano e o divino.

E todos vós, e todos nós, para confirmar que xuntarse é importante, para proclamar que a música é un dos xeitos máis perfectos de sentirnos vivos, de rezar a Deus, e de expresarnos como seres humanos. E para dicirlle a Mato que os humanos temos memoria, lembramos o ben que nos fan, e que nada queda no esquecemento - nin no outro mundo, nin neste- e que tantos anos de dedicación á sociedade galega creando Auxilia, facendo radio para os que necesitaban apoio desde a radio, creando as misas para enfermos a través das ondas, promovendo a creación de Fuxan os Ventos que revolucionou a nosa cultura, dedicándose á xente da nosa montaña, acompañándonos, estando sempre aí... todo eso provoca, como cada acción, unha reacción. E hai reaccións duradeiras, que se instalan en nós para sempre, como a especial reacción - esto si que é un movemento continuo- que a temos cara a el; e reaccións dun momento dado, coma esta que nos moveu a achegarnos hoxe aquí para manifestarnos "partidarios de Mato".

Gracias, no nome de Orfeón, a todos pola vosa presencia. Aos que oficiaron e aos que participamos; aos que cantaron e aos que nos bule a canción por dentro; ao Presidente da Fecoga, Antonio Rey, que veu desde O Carballiño para acompañarnos; a Ignacio R. Eguibar, Presidente dos antigos alumnos de Artes Aplicadas por ser sensible ao que nós queremos ser sensibles.... aos membros doutros coros e agrupacións lucenses... ao alcalde de Paradela e ao Presidente do Consello de Administración de Radio Televisión de Galicia... a todos e cada un de vós, porque nos facedes sentir ben. E porque facedes sentir tan ben a Mato, o noso amigo.

Teña rúa co seu nome en lugo, como moitos desexamos, e algún venmo de dicir agora mesmo, ten un lugar inmenso nos nosos corazóns.

Felicidades Mato, por eses primeiros oitenta anos. Cando o coñecín, eu tiña vinte anos e el trinta e cinco. Parecíanos aos do meu tempo un señor moi maior. E a verdade é que hoxe é moito máis novo que daquela. Non é que teña ningún pacto especial para unha eterna mocidade. Pero vive esa permanente mocidade que algúns conseguen. Porque a mocidade permanente conséguese, pero hai que traballala, pulila, acompañar aos novos, sentirse novo, traballar, moverse, servir aos demais... Mato é un dos máis novos de todos nós. Por eso estamos todos aquí hoxe, para que se sinta a gusto, sabendo que está no bo camiño, e para que cando sexa maior - moitísimo maior- siga traballando, e velando por nós. E formando parte do Orfeón Lucense, que agora vai baixar para cantar á súa beira, entre nós.

E por se as palabras non son abondas, para deixarllo moi claro, eu remato pedindo para a música, para o espíritu que nos anima, para todos nós, e especialmente para MATO, un forte aplauso.


27/09/2012 Homenaje a Enrique Aguiar

"Familia e Amigos de Enrique Aguiar: O Orfeón Lucense ven de cantar e vai seguir cantando na honra de Enrique, un dos seus componentes máis veteranos, e un dos que participaba connosco con maior fervor.

Estou, estamos seguros, de que Enrique non tiña moi claro onde remataba a súa familia e onde comezaban os seus amigos. E nós tampouco, porque Enrique era da familia. No decurso dos anos, os componentes deste colectivo van entrando nél. E algúns vanse porque as circunstancias o esixen, e outros quedan toda a vida. Enrique era dos de toda a vida. Amaba o canto con todas as súas forzas. E amaba o Orfeón como só se quere á familia, e á propia vida.

Tenme contado que na súa longa vida de traballo viaxeiro, programábase para volver a Lugo a tempo dos ensaios do Orfeón. E onte a súa familia confiábame que ten cortado as vacacións, aplazado xuntanzas s familiares, para cumprir co que consideraba un deber: cantar no Orfeón.

Nesta súa enfermidade, ten asistido como espectador a diversos concertos, e todos llo agradecíamos porque sabíamos da súa devoción, e el sabía que contaba co agarimo de todos nós, gañado momento a momento en máis de tres décadas como compañeiro entusiasta.

E este Corpus, no que o Orfeón - como coro da Catedral- cantou nas solemnidades relixiosas, Enrique subíu as empinadas escaleiras do coro da catedral, e situándose xunto a nós, púxose a cantar. Non importaba que a súa voz non soase, impedida polas eivas da enfermidade: el era parte imprescindible do Orfeón, e cantaba con el.

E agora correspóndenos o difícil labor de despedir a Enrique, que deixará de estar físicamente connosco. Pero sabemos que sempre estará aquí... Dunha banda, porque a súa filla María José forma parte vital da nosa agrupación, co entusiasmo de seu pai. Pero de xeito especial, porque a xente como Enrique, entusiasta, alegre, compañeira, pode irse co corpo, que o corpo é feble e cansa, pero quédase coa alma, inmortal, viva sempre, que se reflicte en todos os actos da vida, e en Enrique era manifestación permanente de bonhomía, de participación, de ser e de estar, de trascender.

En ocasións coma esta, eu creo que o Orfeón canta mellor ca nunca, porque tamén lle sae da alma. E o que cantamos é para todos vós, pero especialmente para Enrique, que seguro nos acompaña no canto, no sentimento. A Enrique gustáballe especialmente que Marcos, o noso Director adxunto -o primeiro director, Xesús Mato vai oficiar esta misa- cantase a Ave María de Schubert. Porque hoxe cantamos para Enrique as súas cancións, as que deixou pedidas. Como o Sweet low que tamén soará. Hoxe cantamos con Enrique, para Enrique. Porque neso somos tremendamente ricos. Cada un dos componentes que se vai, déixanos marcados, co seu carácter, co seu entusiasmo, coa súa participación. Enriquécenos.

Enrique era do Orfeón; o Orfeón é de Enrique. Cando cantemos, canta Enrique Aguiar. E todos estamos convencidos de que, agora mesmo, cando aplaudamos, aplaudimos a Enrique, e el correspóndenos - coma sempre- co seu sonriso de home de ben, familiar, amistoso, de todos nós, noso. ¡Por Enrique Aguiar, compañeiro e amigo!." 


27/10/2007 Homenaje a Castiñeira

El Orfeón sentía que tenía con Castiñeira una deuda especial, deuda impagable pero de la que por lo menos teníamos que “pagar los intereses”.


Así, oficiada por su hermano sacerdote, Manuel Castiñeira Pardo y con homilía de Luis Varela Castiñeira, también cura y sobrino, celebramos unha misa por el y por los fallecidos y familiares del Orfeón en el altar del Bo Xesús de la catedral lucense el 27 de octubre de 2007, cuando se cumplían dieciocho años de su muerte. Cantamos la “Misa galega” de Castiñeira, e hicimos ofrenda floral ante su tumba en el atrio de la Catedral.

A continuación fuimos a la nueva Praza do Seminario, donde inauguramos el monumento a Castiñeira, obra del escultor mindoniense-valenciano Juan Puchades Quilis. Entre las palabras, las de Fray José, Obispo de Lugo, en una de sus últimas intervenciones en público, para recordar el papel de Castiñeira en la Iglesia y en la Música, haciendo constar que no muy lejos de aquel lugar, otro monumento recordaba a otro sacerdote lucense singular, el Cura de la Bicicleta.

José Castiñeira Pardo