MARISOL BRAVOS, Premio JOSÉ CASTIÑEIRA DE HUMANIDADES
Mar, 10/22/2024 - 09:40Marisol Bravos López, vén de obter o primeiro PREMIO JOSÉ CASTIÑEIRA DE HUMANIDADES, convocado polo Orfeón Lucense en memoria do seu fundador, en colaboración coa Diocese de Lugo, a Catedral lucense e a Familia Castiñeira.
O premio, instituído para honrar a persoas ou institucións que se distingan polo seu labor humanístico, a prol da convivencia social e na mellora das relacións humanas, foi concedido por unamidade do Xurado composto por:
- MARIO VÁZQUEZ CARBALLO, Deán da Catedral e Vicario Xeral do Bispado.
- JESÚS SALVADOR LÓPEZ, Director de Patrimonio Cultural da Diocese.
- LUIS VARELA CASTIÑEIRA, Cóengo, Prefecto de música e párroco do Sagrado Corazón, en representación da Familia Castiñeira.
- e, por parte do ORFEÓN LUCENSE, BEATRIZ ENRIQUEZ PARGA, Secretaria; JESÚS CONDE FREIRE, Vicepresidente e XULIO GIZ RAMIL, Presidente.
O galardón concédese a MARISOL BRAVOS polo labor de toda unha vida a prol das persoas con diversidade funcional, da superación de todo tipo de barreiras físicas ou sociais, dando exemplo permanente de integración e abrindo camiños que centos de persoas poden percorrer libremente nun mundo máis grande e máis humano.
O premio será entregado no claustro da Catedral de Lugo o próximo domingo, 27 de outubro, inmediatamente despois da celebración (ás 13:00 horas) do cabodano do P. Castiñeira, e antes da ofrenda que tradicionalmente se celebra diante da súa tumba.
Tarxetón Premio José Castiñeira (presentación)
Tarxetón Premio José Castiñeira (Marisol Bravos)
El Progreso (27/10/2024): Marisol Bravos recibe esta mañana el premio José Castiñeira
El Progreso (27/10/2024): Misa en memoria de José Castiñeira y entrega de Premio
El Progreso (28/10/2024): Misa conmemorativa y entrega del Premio José Castiñeira
El Progreso (03/11/2024): "Superei atrancos que hoxe parecen fóra de lugar pero eran moi reais"
Terra Cha Xa: Marisol Bravos recibe o premio José Castiñeira na súa primeira edición