Adeus a Miguel, amigo
Lun, 04/27/2020 - 13:01Neste tempo escuro, pechado, temos que decir adeus, de lonxe, ao noso amigo Miguel Soto Camacho, que nos deixou o 26 de abril de 2020.
Estaba casado con Manuela Guardado Méndez, compañeira do Orfeón, que vive a Música con maiúscula, e cando se lle ensancha o corazón canta unhas magníficas “jotas” que a todos nos conmoven.
Tamén Miguel, funcionario da Deputación, ademáis de seguidor entusiasta do Orfeón, viviu a música, e as súas interpretacións á harmónica eran xeniais demostracións de que esta arte é unha das mellores manifestacións vitais do ser humano.
No nome de todos/as que conformamos o ORFEÓN LUCENSE, a lembranza garimosa do amigo, e a aperta fraterna para a nosa benquerida compañeira.