Alejandro Fernández Pumariño, II PREMIO JOSÉ CASTIÑEIRA DE HUMANIDADES
Jue, 10/23/2025 - 10:31
O avogado lucense Alejandro Fernández Pumariño vén de ser distinguido co premio José Castiñeira de Humanidades na súa II edición. O premio está convocado polo Orfeón Lucense, a S.I.C.B de Lugo e o Bispado lucense.
O xurado estivo formado por representantes das institucións convocantes e da Familia José Castiñeira, fundador do Orfeón. O premio convócase para honrar a memoria do fundador da nosa agrupación, e a persoas ou entidades que, pola súa traxectoria, disposición e entrega, se distingan no seu labor humanístico, nas artes ou nas letras, a prol da convivencia social e na mellora das relacións humanas, seguindo o exemplo de traballo e entrega do musicólogo, crego e profesor do que leva o seu nome,
A concesión do premio nesta II edición efectúase a Alejandro Fernández Pumariño, pola súa dedicación social e labor solidario, na que destacan o seu traballo en Cáritas como presidente durante dezasete anos, catro anos membro do Consello de Cáritas española, e Presidente da Fundación “Preescolar na casa”, que propiciou a formación preescolar no rural para nenos, preparando aos seus pais para dar solución a esta carencia formativa nunha etapa vital tan importante.
O galardón, consistente nunha placa de homenaxe, será entregado este domingo, 26 de outubro, no Claustro da Catedral de Lugo, inmediatamente despois da Misa que ás 13:00 horas se celebrará no altar maior polo cabodano do P. Castiñeira, e antes da ofrenda floral e musical diante da tumba do fundador do Orfeón.
En Prensa
El letrado lucense Pumariño recibe un premio por su gran labor social (El Progreso, 24/10/2025) - Versión papel
Axenda: Premio José Castiñeira (El Progreso, 26/10/2025)
O silencio de Pumariño, por Jaureguizar (El Progreso, 27/10/2025)
Pumariño: "A solidariedade é moi necesaria, fainos ser mellor persoa" (El Progreso, 27/10/2025) - Versión papel
Alejandro Fdez. Pumariño, premio Xosé Castiñeira (La Voz de Galicia, 27/10/2025)