Concerto de Nadal do Orfeón Lucense
Sáb, 12/21/2024 - 11:00O próximo luns, 23 de decembro, o Orfeón Lucense vai ofrecer o seu tradicional Concerto de Nadal, na capela do Bo Xesús da Catedral lucense.
O Concerto, de entrada libre, e ao que se invita a todos os que gostan das cancións do tempo do Nadal, dará comezo ás 20,45 h.
O Coro oficial da Catedral de Lugo efectuará un percorrido pola música do Nadal de todos os tempos, con especial atención á canción popular galega do tempo do Nadal.