Concerto de Nadal do Orfeón Lucense. O sábado, ás 20:30 h., na igrexa de A Nova

Concerto de Nadal do Orfeón Lucense. O sábado, ás 20:30 h., na igrexa de A Nova

O ORFEÓN LUCENSE, coro da Catedral de Lugo, vai ofrecer o próximo sábado o seu tradicional seu tradicional Concerto de Nadal, na igrexa de A Nova, ás 20,30 h. Interpretará un repertorio de cantos de Nadal, con especial incidencia nas panxoliñas galegas.

Dirixirá o Orfeón o seu titular, Marcos Fernández Mosquera, e neste concerto participará o violinista Carlos Rodríguez Otero, galego residente en Bristol, que pasa en Lugo as súas vacacións de Nadal, que na actualidade ten 19 anos, tendo participado desde neno nas actividades do Nadal do Orfeón. Carlos Rodríguez é neto do escritor Manuel Rodríguez López, fillo predilecto de Paradela, que da nome ao Certame Literario do Concello do que este mércores se entregaron os premios na súa XXIII edición.