Hijas de la Caridad de San Vicente de Paul e Sor Nieves Martínez de Osaba Sola, III Premio José Castiñeira de Humanidades
Mar, 10/20/2026 - 17:15
O Xurado do III PREMIO JOSÉ CASTIÑEIRA DE HUMANIDADES, vén de conceder este galardón a HIJAS DE LA CARIDAD DE SAN VICENTE PAUL e a SOR NIEVES MARTINEZ DE OSABA SOLA.
O Premio está instituido polo Orfeón Lucense, en memoria do seu fundador José Castiñeira, en colaboración coa Diocese de Lugo e a Catedral Lucense, e formaron o xurado representantes das tres institucións e da familia Castiñeira.
O premio entrégase o último domingo do mes de outubro (este ano, o día vintecinco), polo cabodano do musicólogo, profesor e coengo lucense, inmediatamente despois da misa na Catedral na súa memoria ás 13,00 h., no Claustro da S.I..B., onde tamén se fai a anual ofrenda diante da tumba do fundador do Orfeón.
A concesión efectúase a HIJAS DE LA CARIDAD DE SAN VICENTE PAUL polo seu extraordinario labor de atención a discapacitados físicos e psíquicos, e dentro delas facendo fincapé en SOR NIEVES, case centenaria, agora fóra de Lugo, cun extraordinario labor de entrega vital á atención a persoas con discapacidade intelectual; á música, docencia, beneficencia e a atención aos colectivos máis vulnerables.