Un concerto coral inaugura a Semana Santa lucense
Mar, 04/09/2019 - 12:03Un concerto coral inaugura a programación da Semana Santa da cidade, que foi declarada recentemente Festa de Interese Turístico Galego. Haberá música, procesións e misas, ademais de novidades, como a representación do Auto da Paixón a cargo das parroquias de Antas e San Miguel de Esporiz.
Martes 9. V CONCERTO CORAL DE SEMANA SANTA, 20.30h, Igrexa de Santiago A Nova
· Coro de Nenos da parroquia de Santiago A Nova. Dirección: M. I. Rvdo. D. Luis Varela Castiñeira
· Orfeón Xoán Montes. Dirección: Elisabet Filgueira Gesteira
Mércores 10. PREGÓN SEMANA SANTA, 20.00h no Salón Rexio do Círculo das Artes
· Pregón de Federico Fernández de Buján: Catedrático de Dereito Romano da Universidade de Las Palmas no 1994 e da UNED desde o 2000; Académico de número, electo, da Real Academia de Doutores de España; Vicepresidente da Sección Dereito Romano da Real Academia Jurisprudencia Legislación, RAJL, e Vicepresidente da Sección de Dereito Iberoamericano da RAJL e da Real e Pontificia Congregación da Purísima da RAJL; e Académico correspondente Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.
· Actuación do Orfeón Lucense. Dirección: Marcos Fernández Mosquera Organista: M. I. Rvdo. D. Luis Varela Castiñeira
Venres 12
· Solemne Vía Crucis, 20.30h na Praza Pío XII e S. I. Catedral Basílica de Lugo. Preside Mons. Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo. Sairá en procesión o paso do Cristo da Misericordia venerado na igrexa de Santiago A Nova, que será portado a ombreiros de corenta mulleres.
· Auto da Paixón de Noso Señor Xesucristo. Representación: Parroquias de Antas de Ulla e San Miguel de Esporiz. Monterroso
Domingo 14. DOMINGO DE RAMOS
· Bendición de Ramos co bispo, Alfonso Carrasco, e procesión da entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén, 11.30h, desde a Praza de Santa María
· Procesión da Virxe das Dolores, 19.00h, desde o Convento dos Franciscanos
Luns 15. LUNS SANTO
· Procesión da Virxe da Esperanza, 20.30h, desde a Igrexa da Nova
Martes 16. MARTES SANTO
· Procesión do Bo Xesús e do Nazareno, 20.30h, desde a Catedral. O exército de Terra acompaña e entoa un cántico
Mércores 17. MÉRCORES SANTO
· Misa Crismal na Catedral, 11.00h, presidida polo bispo, Alfonso Carrasco
· Procesión do Cristo do Perdón e da Virxe da Piedade, e Vía Crucis Penitencial, 20.30h, desde a Catedral
Xoves 18. XOVES SANTO
· Eucaristía da Santa Cea na Catedral, 18.00h, presidida polo bispo, Alfonso Carrasco
· Procesión da Santa Cea, ás 19.30h, desde a Catedral
Venres 19. VENRES SANTO
· Sermón das Sete Palabras, ás 12.00h, na Catedral, acompañado polo grupo vocal Solo Voces
· Paixón do Señor, ás 18.00h, na Catedral, presidida polo bispo, Alfonso Carrasco
· Desencravo do Señor, ás 18.30h, na igrexa conventual dos PP Franciscanos
· Procesión do Santo Enterro, ás 20.00h, desde a Praza da Soidade
· Procesión da Virxe da Soidade «As caladiñas», 23.00h
Sábado 20. SÁBADO SANTO
· Penitencial da Virxe da Piedade, Santo Rosario e Vía Crucis, 8.30h, desde a Catedral
· Solemne Vixilia Pascual, 23.00h, na Catedral, presidida polo Bispo, Alfonso Carrasco
Domingo 21. DOMINGO DE PASCUA
· Procesión do Santo Encontro, 11.40h, desde o Concello
· Solemne Misa Pontifical de Resurrección, 12.00h, na Catedral, presidida polo bispo, Alfonso Carrasco.