Xesús Mato: "A influencia da Igrexa na música foi bestial en Galicia"
Mié, 01/18/2017 - 16:16Nado en San Martiño do Castro (Paradela), Xesús Mato compaxinou ó longo dos seus 85 anos o traballo como sacerdote coa música, a radio, e o seu labor social.
A súa afección pola música xa comezou na infancia no seu pobo. "Eramos catro casas e había 21 rapaces. Xuntabámonos e montabamos unha orquestra todos os días á volta da escola. Paradela é un sitio de moito músico", apunto o sacerdote. Este sempre traballou a prol da música tradicional e aposta por que agora se leve a cabo un libro da canción galega e o cancioneiro de Lugo.