Noticias

RESUME DO ACTO DO “ORFEÓN LUCENSE” NA PARROQUIA DE FURÍS CONVIDOS POLA ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO

RESUME DO ACTO DO “ORFEÓN LUCENSE” NA PARROQUIA DE FURÍS CONVIDOS POLA ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO

Nun caloroso e agradable día, hoxe 2 de outubro, tivo lugar a intervención do “Orfeón Lucense” na Misa de Nosa Señora do Rosario, convidados polo noso socio Manolo da casa de Cantiz, coa axuda e colaboración dos socios, que son membros do Orfeón, César Gómez e Pepe Yáñez, agradecer a todos eles a súa colaboración, mais especialmente a Manolo e familia pola amabilidade en poñer a súa casa á nosa disposición.

Armando Cotarelo, novo director do Orfeón Lucense

Armando Cotarelo, novo director do Orfeón Lucense

Armando Cotarelo ven de ser nomeado Director do ORFEÓN LUCENSE, agrupación que acaba de celebrar o seu primeiro cuarto de século de existencia despois da fundación por José Castiñeira Pardo e os 128 anos da primeira agrupación fundada por Xoán Montes Capón.

Cotarelo substitúe no posto de director a Nemesio Gutiérrez, que desde o pasamento do fundador en 1989 ata o presente ano tivo a responsabilidade do Orfeón Lucense e da Escolanía José Castiñeira da Deputación Provincial de Lugo.

Páginas