Cabodano do fundador do Orfeón Lucense
A Catedral de Lugo e o Orfeón Lucense conmemorarán o próximo domingo, 29 de outubro, o cabodano de don José Castiñeira Pardo (23.02.1928 – 31.10.1989), lembrándoo na misa da unha da tarde do primeiro templo da diocese, que estará oficiada por Luis Varela Castiñeira, coengo e prefecto de música da Catedral, e sobriño do P. Castiñeira, falecido hai agora 34 anos.









