Noticias

Adeus a Miguel, amigo

Adeus a Miguel, amigo

Neste tempo escuro, pechado, temos que decir adeus, de lonxe, ao noso amigo Miguel Soto Camacho, que nos deixou o 26 de abril de 2020.

Estaba casado con Manuela Guardado Méndez, compañeira do Orfeón, que vive a Música con maiúscula, e cando se lle ensancha o corazón canta unhas magníficas “jotas” que a todos nos conmoven.

Concerto de Nadal do Orfeón Lucense

Concerto de Nadal do Orfeón Lucense

Este sábado, 21 de decembro, o Orfeón Lucense vai ofrecer o tradicional concerto de Nadal, dirixido polo seu titular, Marcos Manuel Fernández Mosquera. Será na igrexa de A Nova, ás 20,30 horas, de acordo co seguinte programa:

GABRIEL EL ANGEL   (Arr. Edgar Pettman)

DROP DROP SLOW TEARS(Caed lentamente lágrimas) (Orlando Gibbson)

LINDA NOITE     (Popular Portuguesa)

GREEN FINCH AND LINNET BIRD(Verderón y Pardillo)(Stephen Sondheim). Solo: Sara Cruz

PETIT PAPA NOEL (Papaito Noel) ( Henri Martinet). Solo: Carlos Sánchez

O Orfeón Lucense cantará a misa en latín do día 12 de outubro na Catedral de Lugo

O Orfeón Lucense cantará a misa en latín do día 12 de outubro na Catedral de Lugo

Como xa é tradicional, o ORFEÓN LUCENSE, coro da Catedral de Lugo, cantará a misa en latín que se celebrará o próximo sábado, doce de outubro, ás 11,30, na Catedral lucense.

Celébrase ese día, arredor do primeiro templo da diócese, o Mercado medieval, que organiza a Asociación de Antigos Alumnos de Artes Aplicadas Ramón Falcón e o Concello de Lugo, xa na súa vixésima edición.

As voces polifónicas da cidade

As voces polifónicas da cidade

Lugo é cidade con espléndida pegada romana, medieval e moderna. Unha polifonía de historia dúas veces milenaria. Non somos moi proclives a dirixir o ollo mediático ao mellor de nós mesmos: hai acontecimentos que pasan desapercibidos. Unha pena. Ocurríu o sábado pasadao coa II Noite Coral: 'As Voces da Cidade'. Catro corais uníronse para inundar de polifonía as pedras románicas, góticas, renecentistas, barrocas e neoclásicas da catedral.

Ver artículo completo

Corais para Fraguas no Vello Cárcere

Corais para Fraguas no Vello Cárcere

Din que o soño dun chef con moitas estrelas é poñer un exército de cociñeiros creando un menú exquisito e irrepetible para un só e privilexiado comensal. Algo así sentimos o Día das Letras Galegas no centro cultural O Vello Cárcere lugués. No Encontro de Corais había máis músicos e intérpretes que espectadores: un luxo, obrigado pola chuvia, para gourmets cun abondoso banquete de música para homenaxear a Antonio Fraguas.

Ver artículo completo

Páginas