A Biblioteca Provincial da Xunta en Lugo inaugura mañá a programación de Nadal cun concerto do Orfeón Lucense
A Biblioteca Pública da Xunta en Lugo acollerá mañá ás 19.00 horas o ‘Concerto de Nadal’ do Orfeón Lucense, co que inaugura a programación especial con motivo destas festas. O venres día 20 tomará o relevo Zuma, grupo galego de tributo á banda de música Los Secretos, e o día 27 “La penúltima sabinera” co seu tributo a Sabina, ambas actuacións a partir das 20.00 horas.









